Palabras en galego

No marco da actividade “Palabras en galego”, cada semana colócase no panel da entrada un termo pouco habitual. O obxectivo desta proposta é favorecer a adquisición de novo vocabulario por parte dos estudantes.


Samaín "Cortos de medo"

Con motivo da festividade do Samín, dende a biblioteca impulsouse a actividade “Curtas de Samaín”. Esta proposta consistiu na proxección de varias curtametraxes temáticas en galego como paso previo á entrada no “Alén”.

Dia das Bibliotecas Escolares 24 de outubro

Onte os libros saíron da biblioteca para conquistar o patio!Celebramos o Día das Bibliotecas cunha actividade moi especial: "Ao aire libro".
Durante os recreos, o noso alumnado puido descubrir novas lecturas, escoller un libro e gozar do pracer de ler ao aire libre. Porque a lectura non entende de paredes e calquera recuncho pode converterse nun lugar perfecto para perderse entre historias.






Día das Escritoras

Onte, 19 de outubro, celebramos o Día das Escritoras 2026 baixo o lema «As amigas como forma de liberdade».Ao longo desta semana, o noso alumnado está a descubrir e dar visibilidade a escritoras de diferentes épocas, recuperando as súas voces, o seu legado e a importancia das redes de amizade, apoio e creación entre mulleres.
Porque escribir tamén é abrir camiños, deixar pegada e facer que outras voces poidan chegar máis lonxe.

Amizade, liberdade, memoria e palabra.




Xornada de bibliotecas escolares: da información ao coñecemento

Un ano máis, o equipo de biblioteca do noso centro asistiu á Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Este encontro anual é un espazo fundamental para compartir experiencias, aprender novas estratexias de dinamización e seguir transformando a biblioteca no corazón do noso colexio. Baixo o lema desta edición, "Da información ao coñecemento", as ponencias e obradoiros centráronse na importancia de dotar o noso alumnado das ferramentas necesarias para xestionar a información de forma crítica, axudándolles a transformala nun aprendizaxe real, significativo e con valores.
Volvemos cargados de ideas frescas, lecturas ilusionantes e proxectos que moi pronto empezaremos a desenvolver no cole. Vémonos entre libros!





Mochilas viaxeiras

A través da iniciativa “Mochilas viaxeiras”, a biblioteca fai circular entre o alumnado e as súas familias diversas mochilas cunha selección variada de libros e materiais de lectura adaptados a cada nivel. Cada estudante lévaa para a súa casa durante un tempo determinado co obxectivo de fomentar o hábito lector no fogar e implicar as familias na animación á lectura.


Hora de ler

A biblioteca do centro está a desenvolver o programa “Hora de ler”. Como parte desta actividade, cada trimestre os distintos grupos seleccionan diversos fondos para incorporalos temporalmente á súa aula. Deste xeito, complétase a biblioteca de clase e garántense novas lecturas para eses meses.


Horario biblioteca escolar

Xa estamos de volta na biblio! Compartimos o horario de préstamos que terá lugar nos recreos.
 

Club de Lectura "Planeta de Lectoras Tolas"

Volve o noso club de lectura!
Se che gusta ler, compartir opinións e descubrir novas historias, este é o teu sitio.
Alumnado: podedes anotarvos o luns 5 de outubro, no 2º recreo, na biblioteca. Prometemos boas lecturas, risas e momentos para compartir!
Familias: agardámosvos o venres 9 de outubro, de 15:45 a 16:45 h, na biblioteca do cole para coñecernos e anotarvos.
Únete ao noso planeta de lectores e lectoras!


Padlet Colaboración de Bibliotecas Escolares

Varias Bibliotecas Escolares da zona do Morrazo, fiexemos unha colaboración creando este PADEL con recomendacións lectoras.


É estupendo traballar con persoas implicadas en mellorar as Bibliotecas cas Escolares.

Teatro do Centenario. 5º de Educación Primaria

 O alumnado de 5º de Primaria está a preparar unha Obra de Teatro coa Historia do Colexio para conmemorar os 100 anos de traxectoria. 

Esta función será representada no festival de fin de curso.








Certame de Relatos curtos

 Cada curso ao redor do Día das letras Galegas o Equipo de Dinamización e Normalización xunto co Equipo de Biblioteca organizan un "Certamen de Relatos Curtos".

É marabilloso ler e gozar coas historias que escribe o noso alumnado, a imaxinación e a creatividade non teñen límites.

No festival de final de curso, darase a coñecer o gañador ou gañadora de cada curso de este Concurso.



Premios Faro na Escola

Estamos de celebración! Onte vivimos unha xornada inesquecible na entrega de premios de Faro da Escola: o noso cole levou nada menos que tres galardóns! 
Estes premios son o reflexo directo do enorme traballo e esforzo de toda a nosa comunidade educativa. O compromiso do alumnado e a paixón dos profes demostran que traballar en equipo e con ilusión sempre dá os seus froitos. 
Parabéns a todos e todas! Este éxito é de vós! Seguimos adiante, aprendendo e creando con máis enerxía ca nunca. 



O alumnado celebrou tamén  nas aulas o éxito obtido na gala de Faro na escola. A comunidade educativa sumouse á festa oranizando pequenos actos internos para recoñecer o esforzo dos novos xornalistas.



Esta iniciativa reforza o orgullo por un traballo en equipo que traspasou os muros do colexio.


Recomendacións Lectoras

 O Alumnado do noso Club de Lectura ponse diante das cámaras para facer recomendacións lectoras, uns verdadeiros BookTokers:

PDI 100 anos en Compañía de María

O PDI deste curso está centrado na celebración do Centenario do noso Colexio.

O resultado final deste traballo podemos disfrutalo na Biblioteca do colexio durante o mes de Xuño.




Visita da autora Victoria Pinal

O venres 5 de xuño, o noso Club de Lectura tivo a sorte de recibir a visita da escritora Victoria Pinal. Compartimos unha charla moi próxima sobre “Tiña eu razón”, o seu primeiro libro de relatos para adultos, na que puidemos resolver dúbidas, coñecer curiosidades sobre o seu proceso creativo e conversar sobre as historias que dan vida á obra.

Grazas por acompañarnos e por facernos desfrutar tanto da literatura!

Apadriñamento lector

Hoxe o alumnado de 3º de ESO compartiu un intre de lectura cos nenos e nenas de 2º de Primaria. 

Os maiores léronlles contos, axudáronlles a seguir as historias e desfrutaron xuntos dun momento diferente ao redor dos libros.

Unha actividade sinxela, pero desas que sempre deixan pegada: os pequenos gañan referentes lectores e os maiores descobren que ler tamén é compartir.


Grazas a todos por facelo tan doado. Repetiremos!

O COMPAÑÍA DE MARÍA DE CANGAS É CAMPIÓN DE GALICIA DO #ECOPREGUNTOIRO2026


O COMPAÑÍA DE MARÍA DE CANGAS É CAMPIÓN DE GALICIA DO #ECOPREGUNTOIRO2026

Despois dunha auténtica odisea de meses estudando, preparando preguntas imposibles e superando eliminatoria tras eliminatoria… conseguimos chegar á final.
🚢 Cruzamos a ría en barco rumbo a Vigo.
🎙️ Entramos nos estudos de RadioVoz.
🥪 Merendamos para coller forzas.
🧠 Competimos pregunta a pregunta.
🏆 E rematamos proclamándonos campións de Galicia cun espectacular 9-4.

Orgullo absoluto do noso alumnado, do esforzo realizado e do traballo en equipo.

Agora… rumbo a Cerceda para recibir os premios xunto a Sogama e La Voz de Galicia.

O alumnado visita na Biblioteca a Exposición do PDI deste curso. 100 anos en Compañía



O alumnado do colexio, desde o curso de 6º de Ed. Infantil ata 4º da ESO visitan a exposición cos traballos realizados no PDI destre curso. Interactúan, disfrutan e aprenden da historia do Colexio.





RADIO NA BIBLIO

RADIO NA BIBLIO

Na radio do Cole seguimos traballar, esta vez en torno á Economía Circular e estes días tocounos ir a gravar.

Despois dun duro proceso de casting, repartir papeis e preparar as voces, os nenos e nenas de 6º de EP remataron a gravación da cuña de radio. Agora está na fase de edición para que quede lista e poida soar como merece!

Agardamos que aos de Sogama lles guste tanto como a nós... e quen sabe, igual cae algún agasalliño polo gran traballo do equipo 😄

O que temos claro é que aprendemos unha chea traballando en equipo, comunicando ideas e demostrando que as pequenas accións tamén poden cambiar o mundo.