Día do libro

Seguimos conmemorando o Día do libro! Os nosos alumnos recibiron uns marcapáxinas, e cubriron nel o título do seu libro favorito . Estes marcapáxinas non só lles serán útiles, senón que tamén serán pequenos tesouros cheos de recordos!
Imaxina volver atopar este marcapáxinas nuns anos e lembrar o libro que che apaixonaba nesta etapa da túa vida.




Día do libro

En honra ao Día do Libro, cada alumno creou o seu propio pequeno tesouro literario, colgando os seus títulos favoritos no teito da entrada da biblioteca. Desde clásicos ata xoias contemporáneas, cada portada é unha xanela a mundos infinitos.




Amibox Aula

Os/as alumnos/as da ESO están levando a cabo na hora de titorías distintas situacións de aprendizaxe proposta desde Amibox Aula para que adquiran esas competencias mediáticas, informacionais e dixitais tan importantes na sociedade na que vivimos actualmente. 

Tablets con apps adaptadas para alumnos con neae

Descubre as novas ferramentas para a aprendizaxe inclusiva na nosa escola!

Estamos entusiasmados de presentar estas ferramentas dixitais, onde os nosos estudantes poderán experimentar os beneficios da tecnoloxía na súa aprendizaxe. As tablets e aplicacións adaptadas están deseñadas para axudar aos alumnos con neae a superar barreiras e desenvolver as súas habilidades de maneira interactiva e personalizada.

Digicraft

Digicraft é un programa no que alumnos de 3º ciclo de Primaria fan actividades nas que adquiren competencias dixitais a través do uso de tecnoloxías e ferramentas que traballan a intelixencia dixital e a creación de vídeoxogos. A semana pasada, remataron un proxecto no que fixeron un circuíto de pinball que reproducía sons con cada golpe que daba a bola. 

Gran traballo!


Día Internacional da Muller

Este 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller destacando e expoñendo unha ampla selección de libros escritos por mulleres. Esta exhibición de libros non só nos permite explorar diferentes perspectivas e experiencias, senón tamén recoñecer e valorar as contribucións únicas e valiosas das mulleres na literatura e noutras áreas do coñecemento.



Os/as alumnos/as da ESO realizáron uns fermosos marcapáxinas informativos sobre as redeiras e unha personaxe importante de Cangas como María Teresa Miniño.


A nosa biblioteca

Imos coñecer a nosa biblioteca escolar!

No seguinte vídeo explicamos os proxectos que levamos cabo na nosa biblio e mostramos como é este espazo repleto de historias, coñecemento e diversión!

                                            


Parlamento Xove 2024

Orgullosos dos nosos rapaces de 4º ESO! 

Alba, Raquel, Jimena e Iago fixérono xenial o sábado no programa Parlamento Xove, no que 23 colexios de toda Galicia debateron sobra a pregunta clave: Deben os Estados limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial? 

Gañaron 2 de 3 debates, demostrando a súa dedicación e habilidades. Parabéns a este incrible equipo!


Concurso de relato Coca-Cola

Varias alumnas e alumnos de 2º ESO participaron o pasado 7 e 8 de marzo nun desafío literario organizado por Coca-Cola en lingua galega e castelá. Inspirados por un estímulo, deixaron voar a súa creatividade para crear historias únicas. Moita sorte a tod@s!


Visita do autor Nando López

Os alumnos de 2º de ESO tiveron o privilexio de recibir a visita do autor Nando López para falar sobre a súa obra "A versión de Eric". Mergullarse nas páxinas deste libro foi só o comezo, coñecer ao creador detrás da historia foi verdadeiramente inspirador! Grazas, Nando, por compartir as túas reflexións e darnos unha mirada aínda máis profunda a esta fascinante historia. Unha experiencia inesquecible!