RADIO NA BIBLIO
Na radio do Cole seguimos traballar, esta vez en torno á Economía Circular e estes días tocounos ir a gravar.
Despois dun duro proceso de casting, repartir papeis e preparar as voces, os nenos e nenas de 6º de EP remataron a gravación da cuña de radio. Agora está na fase de edición para que quede lista e poida soar como merece!
Agardamos que aos de Sogama lles guste tanto como a nós... e quen sabe, igual cae algún agasalliño polo gran traballo do equipo 😄
O que temos claro é que aprendemos unha chea traballando en equipo, comunicando ideas e demostrando que as pequenas accións tamén poden cambiar o mundo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario