Premios Faro na Escola

Estamos de celebración! Onte vivimos unha xornada inesquecible na entrega de premios de Faro da Escola: o noso cole levou nada menos que tres galardóns! 
Estes premios son o reflexo directo do enorme traballo e esforzo de toda a nosa comunidade educativa. O compromiso do alumnado e a paixón dos profes demostran que traballar en equipo e con ilusión sempre dá os seus froitos. 
Parabéns a todos e todas! Este éxito é de vós! Seguimos adiante, aprendendo e creando con máis enerxía ca nunca. 



O alumnado celebrou tamén  nas aulas o éxito obtido na gala de Faro na escola. A comunidade educativa sumouse á festa oranizando pequenos actos internos para recoñecer o esforzo dos novos xornalistas.



Esta iniciativa reforza o orgullo por un traballo en equipo que traspasou os muros do colexio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario