Apadriñamento lector

Hoxe o alumnado de 3º de ESO compartiu un intre de lectura cos nenos e nenas de 2º de Primaria. 

Os maiores léronlles contos, axudáronlles a seguir as historias e desfrutaron xuntos dun momento diferente ao redor dos libros.

Unha actividade sinxela, pero desas que sempre deixan pegada: os pequenos gañan referentes lectores e os maiores descobren que ler tamén é compartir.


Grazas a todos por facelo tan doado. Repetiremos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario