Con motivo das Letras Galegas, o alumnado de 3º e 4º de ESO reinterpretou a tradición co proxecto “Refraneiro Ilustrado”.
Cada clase traballou unha temática diferente —o tempo, a comida, o traballo ou a amizade— para transformar refráns populares en creacións visuais cheas de cor e imaxinación.
O resultado final foi un gran panel colectivo que converteu o corredor do nun espazo de creatividade e sabedoría popular. Unha maneira diferente de achegar os refráns ás novas xeracións.


.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario