O sábado 24 de maio, as lectoras do club de lectura achegáronse á presentación de "Asasinato no muíño do cura", a nova novela de Arantza Portabales, organizada por @mirandabueu .
Un encontro moi interesante arredor dunha autora que sabe levar a novela negra ao terreo da intriga, dos silencios e das pequenas fendas polas que se coan os segredos.
Un libro que recomendamos para quen goce dunha boa historia criminal ben construída… e para quen pense que nos lugares máis tranquilos nunca pasa nada.


No hay comentarios:
Publicar un comentario