Club de lectura. Lectura para pequenos

Esta semana no cole estivo chea de momentos bonitos.
O mércores e onte, as nosas rapazas do club de lectura visitaron as aulas de 1º e 2º de Primaria e de Infantil para compartir algo moi especial: CONTOS.
 Un deles foi, Vivan las uñas de colores!, unha historia que nos lembra o importante que é ser un mesmo e respectar aos demais.
E hoxe fomos un paso máis aló! As nosas alumnas e alumnos volveron a Infantil para pintarlles as uñas aos máis peques, levando á práctica a mensaxe do conto: que cada persoa é libre de expresarse como queira.
Pequenos xestos que ensinan grandes valores.





No hay comentarios:

Publicar un comentario