Visita da autora Eva Mejuto

Onte, día 25 de marzo, vivimos un día moi especial no cole!
Tivemos a sorte de recibir a visita da autora Eva Mejuto, que compartiu co alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria un encontro cheo de emoción e amor pola lectura

Co seu libro "Queco e Kika", achegámonos a personaxes moi especiais: Queco, un can vello e algo roñón; Kika, unha cadela alegre e rebuldeira; e Frida, a súa inseparable gata.
Ademais, Eva asinou e dedicou exemplares ao alumnado, convertendo a xornada nun recordo inesquecible.

Grazas por facernos gozar tanto coa literatura.


No hay comentarios:

Publicar un comentario