A semana pasada os alumnos de 1º ESO estiveron traballando de xeito cooperativo con distintos xornais para achegárense á actualidade dunha maneira diferente. Analizaron noticias, reflexionaron sobre a información e aprenderon a ler con máis atención e sentido crítico.
Unha actividade dinámica que lles permitiu descubrir como se organiza un xornal e que lles deu a oportunidade de traballar de forma activa coa información e comprender os procesos que hai detrás das noticias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario