Hai cousas que pasan unha vez… e outras que pasan porque hai traballo e un equipazo detrás. O noso grupo está xa nas semifinais do Ecopreguntoiro e vai pelexar por un posto na final. Para nós xa son gañadores, pero se hai que competir, compítese.
Por se alguén anda despistado: a viaxe a Cerceda co parque acuático e todos os gastos pagados xa a teñen máis que gañada. Non é pouca cousa.
E por se fora pouco, o alumnado de 6º tamén se mete este ano no concurso de economía circular, cun audio que promete dar que falar.
En Cerceda estarán agardando por eles, entre outras persoas, a propia conselleira de Medio Ambiente e o resto de autoridades.
Moita sorte equipo, dende o cole estaremos animando a tope!

No hay comentarios:
Publicar un comentario