O alumnado de 1º ESO elaborou un pequeno dicionario visual en galego, no que cada palabra vai acompañada da súa definición e dunha imaxe representativa.
Con esta actividade traballouse o vocabulario dunha maneira dinámica e creativa, favorecendo unha aprendizaxe máis significativa da lingua.
Porque aprender galego tamén é mirar o mundo con atención, crear e deixar voar a imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario