Desde as materias de Lingua Castelá e Lingua Galega celebramos hoxe o Día das Escritoras, unha data para recoñecer e poñer en valor o traballo das mulleres que escriben e fixeron historia coa súa voz.
En 4º da ESO, o alumnado mergullouse no universo das Sinsombrero, mulleres valentes da Xeración do 27 que romperon normas e defenderon o dereito a crear.En 1º, 2º e 3º da ESO, investigaron sobre escritoras de diferentes épocas —desde aquelas que xa escribían en 1975, ano que inspira o lema deste ano “Escribide, compañeiras!”, ata outras moito máis novas que seguen abrindo camiño hoxe.
Porque ler ás escritoras é tamén escoitar o latexo da historia e do presente
No hay comentarios:
Publicar un comentario