Os libros teñen o poder de abrir portas, de facer que quen se sinta fóra atope un lugar, de que quen nunca tivo voz escóitea clara entre páxinas.
Por iso, desde a nosa biblioteca apostamos por unha literatura que abrace todas as identidades, que visibilice realidades LGTBIQ+ e que eduque no respecto, a diversidade e a empatía.
Porque non hai unha única forma de ser, de amar, de vivir ou de soñar.
Porque todos os corpos, todas as familias e todas as historias merecen contarse.
E porque no noso cole cremos nunha escola onde ninguén teña que esconder quen é.
No hay comentarios:
Publicar un comentario