Día das Letras Galegas.
Celebramos a forza da nosa lingua, da nosa terra e das nosas voces. Entre elas, as das cantareiras, mulleres que mantiveron viva a tradición oral galega a través da música, transmitindo historias, emocións e raíces de xeración en xeración.
Co seu canto, teceron memoria e identidade.
Hoxe, cantamos con elas.
Viva a nosa lingua! Viva Galicia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario