Gran logro para os nosos alumnos no Torneo de Debate Académico!
Os nosos alumnos Hugo, Carmen, Mateo e Sofía representaron ao noso colexio no Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) organizado pola Fundación Barrié.
O tema do debate foi: A principal fonte transmisora de valores debe ser: a familia ou a escola?, un asunto de gran relevancia na educación actual.
Con argumentos sólidos, traballo en equipo e unha gran capacidade de refutación, gañaron dous dos tres debates nos que participaron.
Estamos moi orgullosos do seu esforzo, dedicación e compromiso. Felicidades, equipo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario