Radio Compa con Alberto Macebo

As nosas alumnas de 2º e 4º da ESO, Nerea Chapela e Sara Calvar, tiveron a sorte de entrevistar por videoconferencia a Alberto Mancebo, presentador dos informativos da TVG na fin de semana, ex-corresponsal en Portugal para a mesma cadea durante cinco anos, creador do podcast "Pasarse da raia", dedicado a dar a coñecer a cultura do país veciño, e tamén escritor con dúas novelas publicadas: "O que me quedaba por dicirche" e "Indolente".
Unha gran conversa na que as nosas rapazas aprenderon moito sobre a profesión de xornalista, o proceso de publicación dun libro e a importancia dos idiomas na nosa vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario