Día Escolar da non violencia e da paz

Cada 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha xornada para reflexionar sobre a importancia do respecto, a solidariedade e a convivencia pacífica.
Durante esta semana, os nosos alumnos traballaron en diferentes actividades para lembrar que a paz se constrúe con pequenos xestos no día a día. Como símbolo deste compromiso, crearon preciosas pombas da paz, cheas de mensaxes de esperanza e fraternidade.

Sigamos sementando valores que nos axuden a construír un mundo máis xusto e pacífico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario