Radio na Biblio

Estes días o alumnado de Francés de 3° ESO está gravando o seu programa de radio, no que entrevistarán a familiares ou amigos para coñecer a súa experiencia en países francófonos. Carmen entrevistou á súa avoa, que emigrara a Lyon nos anos 70. Foi unha charla avoa-neta moi enriquecedora e emotiva que seguro non esquecerán e que poderedes escoitar moi pronto. 
Moitas grazas ás dúas Carmen pola vosa participación!

No hay comentarios:

Publicar un comentario