Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas, eses espazos máxicos onde as palabras cobran vida e as historias conéctannos. A nosa biblioteca non só garda libros, garda o coñecemento e a imaxinación de xeracións.

Como dicía Jorge Luis Borges: “Sempre imaxinei que o paraíso sería algún tipo de biblioteca”.

Convidámoste a percorrer este recuncho de sabedoría, un lugar onde cada páxina abre unha porta a novos mundos. Feliz Día das Bibliotecas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario