Excursión alumnos/as de 5 anos e 1º de Ed. Primaria

A semana pasada os alumnos de 5 anos e primeiro de Primaria tiveron unha mañá moi completa. Primeiro visitaron a Biblioteca Municipal de Cangas, coñeceron as súas instalacións, e fixeron o carné de lectores. Despois visitaron a exposición de Agustín Bastón, unha exposición moi peculiar de Libros de Madeira.Finalmente visitaron a tenda da conserveira Lago Paganini, alí coñeceron un pouco máis o funcionamento da conserveira e as súas máquinas antigas que teñen expostas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario