Este ano o tema do Proxecto Documental Integrado da escola é sobre "Oficios tradicionais da contorna". Neste proxecto cada curso elixe un oficio tradicional, explorando a súa historia, técnicas e a súa importancia na nosa contorna.
Os traballos levados a cabo das diferentes etapas son os seguintes:
Ed. Infantil: Panel e vídeo da excursión sobre as peixeiras.
1º Ed. Primaria: Vídeo sobre as conserveiras.
2º Ed. Primaria: Conto sobre as mariscadoras a pé.
3º Ed. Primaria: Panel acerca das bateas.
4º Ed. Primaria: Panel sobre as redeiras.
5º Ed. Primaria: Panel sobre a carpintaría da Ribeira.
6º Ed. Primaria: Panel e vídeos acerca da pesca de baixura.
1º ESO: Exposición e paneis sobre a orixe, evolución e máis aspectos da cantería.
2º ESO: Presentación do músico en Galicia ao longo dos séculos.
3º ESO: Presentación sobre a orixe, técnicas e riscos, entre outros, dos percebeiros.
4º ESO: Presentación sobre o equipamento, técnicas, historias e moito máis sobre a pesca de altura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario