Impresión 3D

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Secundaria puxeron en funcionamento a impresora 3D do colexio. Para levar a cabo este proceso, previamente adquiriron habilidades no manexo de diversas aplicacións informáticas, tanto de deseño 3D, como Tinkercad, como de laminado ou preparación para a impresión, como Ultimaker Cura.

Cada un dos alumnos/as, guiado por instrucións respecto ao tamaño, forma, espesor e densidade do material, entre outros aspectos, deseñou unha das doce pezas distintas que compoñen o xogo educativo Pentaminos. Unha vez impresas todas as pezas, este xogo, con diversas aplicacións destinadas ao estudo das matemáticas e a lóxica, integrarase como parte do material educativo do centro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario