Este ano o tema do Proxecto Documental Integrado do colexio é sobre "Deportistas destacados da contorna". Neste proxecto implicouse todos os/as alumnos/as das distintas etapas e cada curso elixe un/ha deportista relevante para investigar e coñecer máis da súa carreira deportiva.
Os traballos levados a cabo durante este curso foron os seguintes:
Ed. Infantil: Panel informativo de Delio Fernández, ciclista moañes.
1º EP: Entevista realizada a Iago Aspas na radio do cole.
2º EP: Traballo realizado sobre Noelia Pérez, considerada unha das mellores entrenadora de Taekwondo de España
3º EP: Mural sobre Pablo Graña Alonso onde se recollen aspectos sobre a súa biografía, entrenamento e logros no mundo do piragüismo.
4º EP: Entrevista dixital a Rodrigo Conde, subcampeón de remo europeo e mundial 2022 na proba de dobre scull.
5º EP: Documental sobre os anos máis importantes da vida deportiva de Manolo Tomé.
6º EP A: Podcast de Ángel López Valentín, takewondista de Bueu.
6º EP B: Podcast de Luis Paredes Coya, triatleta de Cangas.
1º ESO: Contamos na biblio coas camisetas de Rodrigo Corrales, xogador do balonmán de Cangas. Os alumnos/as elaboraron un panel informativo sobre el.
2º ESO: Panel da carreira deportiva de David Cal, o deportista cangués con máis medallas olímpicas.
3ºESO: Descrición da carreira deportiva de Teresa Portela. O traballo colócase nas propias palas da piragüista.
4º ESO: Genially sobre Susana Rodríguez
ED. ESPECIAL: Biografía con pictogramas de Alberto Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario