Os nenos e nenas de comedor de 5º e 6º de Primaria, están a participar voluntariamente nas actividades de Digicraft. Trátase dun programa educativo que traballa as competencias dixitais, tales como a Intelixencia Artificial, robótica, programación, videoxogos... O venres pasado rematamos unha serie de actividades na que interactuamos cun chatbot, coñecemos as características dun robot e fixemos en grupo maquetas de diferentes tipos de robot (aéreo, de vixilancia, doméstico...) Finalmente, usámolos como avatares nun xogo de mesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario