Hora de ler

 Este curso, como novidade, desde a biblioteca escolar, introduciremos nas aulas dos primeiros cursos de primaria, unhas atractivas caixas que constan de:

- Unha formidable selección de libros.

- Cartel de normas que deberán cubrir en cada clase.

- Marcapáxinas para cada alumno/a.

- Pasaporte lector para cada alumno/a, que completará a medida que fagan a lectura dun dos libros.

Estes son os libros seleccionados que se cambiarán cada trimestre.
Cartel de normas que cubrirán entre todos na aula.


Pasaporte de lectura para cada alumno/a. 
Despois da lectura de cada libro poderase cubrir un recadro deste pasaporte.


AGASALLO DE CLEO, MASCOTA DA BIBLIO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario