Club de Lectura

O próximo mes de novembro comezamos a nosa andaina co Club de Lectura “Planeta de lectores tolos”. A nosa finalidade principal é desfrutar e compartir o gusto e o pracer pola lectura.

Nas reunións que celebraremos unha vez ao mes, realizaremos diversas actividades ao redor dun libro proposto, as cales poderán ser: debate e posta en común sobre a obra en cuestión, roteiros literarios, animacións á lectura para os alumnos mais pequenos do cole…

O horario das reunións serán un venres ao mes de 15.45 a 16.45 h. na Biblioteca do cole.

Estades convidados a apuntarvos a este Club tanto si eres alumnado da ESO como si eres nai/pai.
ANÍMATE

No hay comentarios:

Publicar un comentario