Os/as alumnos/as de 2º E.P, elaboraron un xogo de mesa sobre o camiño Santiago Portugués, para o cal tiveron que levar a cabo previamente unha investigación sobre o mesmo.
Este xogo consta dun taboleiro con diferentes caixas:
- Cuncha: de cuncha a cuncha... Volve a tirar.
- Interrogacións (?): Onde tes que respostar cuestións elaboradas por eles mesmos sobre o camiño.
- Pousada: 3 quendas sen tirar.
- Bordón: Funciona como una escaleira que lle permite subir ou baixar a outra caixa.
- Albergue: 2 quendas sen tirar.
Gañará o xogador que remate antes o Camiño e chegue a Santiago de Compostela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario