Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Hoxe, 11 de febreiro celébrase O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, día que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 2015 co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o seu empoderamento.

Por iso, desde a Compañía de María, en consonancia coa Axenda 2030 e o Pacto Educativo Global, sumámonos á celebración deste día coa participación en diferentes propostas.
Distintos grupos de alumnos participaron na proposta da UCC CSIC DE Galicia xunto co Faro da Escola, asistindo á charla Ciencia en feminino, na que Cristina Álvarez e Lara García conversaron sobre como é a vida e o traballo a bordo dun buque oceanográfico. Ademais, co apoio técnico do Proxecto Faro da Escola, leváronse a cabo conexións co persoal técnico da UTM CSIC desde o BO Sarmiento de Gamboa, o BO Hespérides e a Base antártica española.



No hay comentarios:

Publicar un comentario