Cada 23 de febreiro celebramos o nacemento da nosa escritora mais importante da Lingia Galega. Foron moitas as actividades que se levaron a cabo para ter presente a Rosalía.
- Caldo de Gloria: No comedor houbo un menú especial con caldo galego e carne ao caldeiro, e utilizáronse uns salvamanteis especiais coa poesía do mesmo nome de Rosalía.
- Horta de Rosalía: Toda a comunidade educativa participou na plantación de pensamentos (flor predilecta de Rosalía), nuha das hortas do cole que se pasou a chamar "Horta de Rosalía". Nos primeiros Cursos de Ed. Primaria, o alumnado decorou un pensamento. Todos eles foron colocados nuns panais que decoran a entrada do cole e forman parte de esa "Horta de Rosalía"
- O alumnado da Etapa da ESO, creou a súa propia camiseta de ROSALÍA e os profes adquiriron camisetas coa icónica imaxe da autora.
Neste vídeo pódese apreciar o ben que o pasamos ese día:
- Marcapáxinas: Realizáronse marcapáxinas conmemorativos deste día sinalado co que se agasallou a todo o alumnado e profesorado.
- Na biblioteca houbo unha exposición sobre Rosalía con obras súas expostas para poder consultalas e aprender algo mais da autora.
- Podcast de lectura musicalizada realizada por alumnos e alumnas da ESO de poemas de Rosalía.
- Lectura en todas as clases de poemas de Rosalía.
Feliz día de Rosalía a todos e todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario