Día da non violencia e a Paz

Como cada 30 de xaneiro, chega unha data con gran importancia dentro da comunidade educativa: O Día da non violencia e a Paz.
No acto celebrado no patio puidemos apreciar os distintos paneis elaborados polo noso alumnado así como a lectura do seguinte manifesto:

Manifesto pola paz 2022

Un ano máis estamos aquí reunidos para conmemorar o Día escolar da Paz e a non violencia, celebrando o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica frente a inxustiza, e que foi asasinado por defender estas ideas.

Como ben dicía Gandhi “non hai camiño para a paz, senón que a paz é o camiño”.

Os que compartimos unha visión de paz no noso día a día, consideramos que é moito máis que a ausencia de guerra, é unha forma de vida, unha viaxe longa, que comeza con pequenos pasos. Ter o compromiso de emprender pequenas accións tódolos días achéganos cara a un lugar e cunha dirección clara. Un mundo no que cada un de nós poidamos engadir o mellor de nós mesmos comezando por mellorar a nosa contorna máis próxima. Un xesto, unha mirada, un sorriso, unha boa palabra…

A realidade tan complicada que se está a vivir no mundo en xeral e no nosa contorna máis cercana en particular: o distanciamento social, as restriccións pola Covid e as terribles consecuencias que modificaron o noso estilo de vida, afectando ao noso día a día, fai que amosar os nosos sentimentos que nos definen como seres humanos sexa complicado. Unha aperta, un bico, un apretón de mans, sorrír… son pequenos xestos que poden mitigar e resolver moitos conflitos e que agora nos faltan.

"A paz comeza cun sorriso", esta frase célebre de Santa Teresa de Calcuta é o lema traballado este ano polos nosos alumnos e alumnas para conmemorar este día tan especial e facer diferentes actividades e reflexións, coas que amosan a súa esperanza de conseguir un mundo mellor. Estas pequenas accións que están representadas hoxe nestes murais, son os pasos que temos que dar no noso día a día. Pequenas accións sen esperar nada a cambio poñendo en práctica valores positivos que serven como exemplo aos demais, formando unha cadea que se extenda de forma contínua.

Deixamos a contuación os vídeos empregados nas aulas como actividade introductora para unha posterior reflexión persoal e en grupo:
Conto con pictogramas A paloma Mari Paz. 
Elaborado pola aula de Educación Especial.

A ponte cultura de Paz

                                             Cadena de favores infinita

Recomendacións da biblio. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario