O 3 de decembro celébrase o Día internacional das persoas con Discapacidade. No colexio intentamos educar en todos os aspectos da vida, dar visibilidade ás diferenzas de cada un e respectalas son uns dos obxectivos que cada curso nos plantexamos.
O curso pasado traballamos en torno as capacidades que temos cada un e este centrámonos nas dificultades, porque ser consciente de que todos somos diferentes é o primeiro paso para comprender a diversidade.
Os pequenos de Ed. Infantil visualizaron o estupendo conto do elefante "Elmer" e colorearon fermosos elefantes para facer unha manada.
En Ed. Primaria e Secundaria "O cazo de Lorenzo" foi o vídeo elixido, lido por dous alumnos da aula de especial. Os alumnos e alumnas reflexionaron sobre o cazo que cada un arrastramos.
Os vídeos elexidos son unha adaptación dos contos:
Así adornan os paneis realizados polo alumnado nos corredores do Colexio:
No hay comentarios:
Publicar un comentario