Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional

A semana do 25 ó 30 de octubre celébrase a Semana Mundial de la Alfabetización Mediática e Informacional.

Desde a biblioteca propuxemos aos titoresdos cursos da etapa da ESO unha actividade para realizar cos alumnos/as na titoría, traballando o tema de las novas falsas, os bulos e as Fake news.

Comenzaron a sesión facendo unha chuvia de ideas sobre o que son as fake news para a continuación visualizar este vídeo:
A continuación realizaron un debate xirando sobre as seguintes cuestións:
- Estáis dacordo co que se expresa?. É algo habitual?
- Considerádevos “víctimas” das Fake News como as/os protagonistas do vídeo?
- Pensades que nalgún momento formáchedes parte desa viaxe a que fai referencia o cantante, é decir, na que o bulo se lanza e o compartirse vaise facendo mais grande?
- Que facedes vos cando os chega información ao voso móvil? Contrastades dalguhna maneira ou a reenvías?
- Qué consecuencias credes que pode ter formar parte deste círculo vicioso, é dicir, recibir- compartir, sin contrastar?

A sesión resultou moi satisfactoria e os titores consideran que este é un tema importante que se debe tratar nas aulas.

Aquí deixamos algunhas fotos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario