O Día do Libro celébrase cada 23 de abril desde 1930 en España. Escolleuse esta data crave porque gardaba relación co ámbito literario, pois foi o día no que faleceu Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega, no ano 1616.
No Colexio estre curso tan raro por mor da pandemia, conmemoramos este Día con diversas actividades impulsadas desde o EDLG e o Equipo da Biblioteca.
- Certame relato Curto: En Educación Primaria e a ESO cada alumno/a escribiu un conto, narración ou poema en galego. Tras un proceso de selección premiouse a un/ha alumno/a de cada clase, que recibiu un diploma e un agasallo dun libro en lingua galega o “Día das Letras Galegas”.
- Realización de carteis con frases, poesías, relatos, resumos dos seus libros favoritos.
- En Educación Infantil realizáronse diversas actividades: traballar vocabulario en galego, colorear e facer debuxos relacionados coa lingua. O alumnado de E. Infantil participa no concurso coa elaboración dun debuxo dun conto popular contado polas mestras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario