Por mor da pandemia que estamos a vivir son poucas as actividades que se poden realizar no espazo da biblioteca. Pero nas diferentes aulas do cole celebramos o Día de ROSALÍA DE CASTRO, dando a coñecer a súa figura, vida e obra e a importancia da autora para a nosa lingua.
O Equipo de Normalización coa axuda do Equipo de Biblioteca organizaron diferentes actividades para conmemorar este día.
Todo o alumnado participou na creación de estrelas con imaxes da autora e as súas poesías, estas foron repartidas por todo o colexio e elaborouse tamén un panel na entrada do centro para recibir nese día a tódolos alumnos e alumnas con Rosalía.
O día 27 de febreiro traballouse á autora a través de diferentes actividades. En tódas as clases, visionáronse vídeos sobre a vida e obra da autora (cada etapa os vídeos máis adaptados ao seu nivel) e realizouse lectura da súa obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario