Día das Letras Galegas

En tódas as aulas, co impulso e apoio do Equipo de Boblioteca e do EDNL, coñeceuse en profundidade a vida e obra de Xela Arias Castaño.
Moitas foron as actividades realizadas en torno á autora.
- Traballo e coñecemento en profundidade en cada aula, tendo en conta os diferentes niveis do alumnado, sobre a vida e obra da autora.
- Creación e decoración do cole con orixinais carteis:

- Panel que se expuxo na entrada do Centro escolar, creado por todo o alumnado, pois cada un debía escribir unha palabra relacionada coa autora homenaxeada nun pequeno mapa de Galiza.

- Vídeo creado polo alumnado de 4º de Educación Primaria narrando a vida e obra de Xela Arias ó tempo que se poden ver imaxes das diferentes aulas preparando os mapas para o panel.

- Adaptación con pictogramas, creado pola aula de Ed. Especial da canción de Samuel Soto sobre Xela Arias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario